No ano 1978 inaugurábase o que se coñecía por entonces como O Bar Siso, un chiringuito fundado polo rulero focense de entonces Narciso Rodríguez e a súa muller. Quenes o abriron para dar servizo ao porto e aos asteleiros. Foi dos primeiros en abrir nesta zona. Daquela o porto e a lonxa de Foz tiña moita actividade en venta de peixe e concentración de barcos. El, cando acababa de rular, iba traballar no bar.
É no ano 2013, o 12 de decembro, cando comeza a súa andadura O muelle Bar, con Javier Méndez ó frente.
Consérvase a esencia do chiringuito inicial pero adaptada ós tempos.
En xuño de 2021 O muelle Bar reabre as súas portas tras unha reforma integral na que se buscou mellorar a comodidade do cliente nun espazo moderno e acolledor.
Na nova etapa O muelle Bar conserva a esencia de bar de porto, con toques mariñeiros e útiles pesqueiros, e fotos antigas de barcos e xente do mar de Foz.